Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/8-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: liña media tensión monte Cachumba e C.T. Fieital-Laracha.

Situación: municipio de Laracha.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 15/20 kV de 906 m de lonxitude e conductor de aluminio LA-30, que parte da L.M.T. Fonteseca-Beira-Orxeiras-Vilar de Boi e final no centro de transformación tipo caseta de Fieital de 25 kVA. Municipio de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 12 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña