Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1998 pola que se lle concede a Centro de Estudios El Arco a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Manuel Casal Salom en representación de Centro de Estudios El Arco e a documentación anexa, na que solicita lle sexa concedida a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I ó IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgarlle a Centro de Estudios El Arco a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, na provincia de Pontevedra.

Para imparti-los cursos presentará perante a delegación provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria