Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.336

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a cobertura de postos de traballo, mediante contratación laboral de carácter temporal dedicadas á realización de traballos ocasionados de carácter selvícola e medioambiental durante 1998.

Advertidos erros na publicación o 18 de febreiro pasado da citada Orde do 30 de xaneiro de 1998, pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a cobertura de postos de traballo, mediante contratación laboral de carácter temporal dedicados á realización de traballos ocasionais de carácter selvícola e medioambiental durante 1998, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 1.705, onde di: «A Coruña 5: 2 biólogos, 2 enxeñeiros técnicos forestais e 1 veterinario», debe dicir: «A Coruña 5: 2 biólogos, 1 enxeñeiro técnico forestal e 1 veterinario».

-Na paxina 1.706, onde di: Celanova, garda rural», ten que poñer: «2 prazas».

-Na páxina 1.706, onde di: O Barco de Valdeorras, onde di: «garda rural 2 prazas», non debe figurar ningunha praza.