Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.336

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 19 de febreiro de 1998 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

O significado das claves numéricas que aparecen referidas no corpo ou escala é o establecido no anexo da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 11 de febreiro de l994, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 41, do 1 de marzo, na súa páxina 983.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que vimos de sinalar non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. A resolución desta farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sexto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Denominación do posto: xefe dos servicios veterinarios de Saúde Pública da zona de Vigo.

Código do posto: SAS993000636560001.

Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.

Localidade: Vigo.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 26.

Complemento específico: 1.338.828.

Corpo ou escala: especial.

Titulación académica: licenciado en veterinaria.

Denominación do posto: xefe dos servicios veterinarios de Saúde Pública da zona de Ourense.

Código do posto: SAS993000632001001.

Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.

Localidade: Ourense.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 26.

Complemento específico: 1.338.828.

Corpo ou escala: especial.

Titulación académica: licenciado en veterinaria.

Denominación do posto: xefe da Unidade de Control de Concertos.

Código do posto: SGS991000736560003.

Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.

Localidade: Vigo.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Complemento específico: 1.405.752.

Corpo ou escala: 1.2.9./1.2.10./5/6.