Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, con expediente anticipado de gasto, a contratación do servicio de aluguer, montaxe, desmontaxe e mantemento de casetas nas feiras culturais de Galicia.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correpondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, porcedemento aberto e trámite de urxencia, con expediente anticipado de gasto, a contratación do seguinte servicio:

-Aluguer, montaxe, desmontaxe e mantemento de casetas nas feiras culturais de Galicia.

-Orzamento de licitación: dezanove millóns (19.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía provisional: 380.000 ptas.

-Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 h do décimo terceiro día natural, contados

a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as propoposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo