Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 6 de febreiro de 1998, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos en expedientes sancionadores (C-2217/97 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan prego de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na delegación comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (Praza de España, 2-2º Esq.), e presentar ante a dita delegación as alegacións que estimen pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-2217/1997.

Denunciado: Jesús Alberto Sedes Landa.

Domicilio: Vila do Conde, 9-9º-Ferrol.

Nº de expediente: C-2233/1997.

Denunciado: Miguel Brozos Picos.

Domicilio: Mosteiro de Monfero, 62-1º-Ferrol

Nº de expediente: C-2282/1997.

Denunciado: Roberto Fernández Martínez.

Domicilio: Emilia Pardo Bazán, Bl. 46, nº 31-2º D. Caranza-Ferrol.

Nº de expediente: C-2284/1997.

Denunciado: Antonio Romero Romero.

Domicilio: San Valentín, bl. 14, nº 6-3º D-Fene.

Nº de expediente: C-2287/1997.

Denunciado: Luis Serantes Montero.

Domicilio: Real, 18-20-Ferrol.

A Coruña, 6 de febreiro de 1998.

María J. Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña