Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/282-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solitante: Electra del Gayoso, S.L.

Domicilio social: rúa Casais, 20, 15000 Vimianzo.

Denominación: modificación R.B.T. Toxa-Pasantes e Valiña.

Situación: municipio de Vimianzo (A Coruña).

Características técnicas: reforma da rede de baixa tensión do C.T. de Toxa nunha lonxitude de 1.540 m en conductor R.Z. de 95 e 50 mm en Al e ampliación de potencia a 160 kVA do trafo. Municipio de Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña