Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación Vilas número 2688.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que con data do 26 de xaneiro de 1998, se outorgou o permiso de investigación Vilas nº 2688, dunha cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais do Porriño e Gondomar da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra