Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/169-1).

Visto o expediente para autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., R.B.T., Cruz.

-Situación: municipio de Santiso.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea 15/20 kV, de 176 m de lonxitude con orixe na liña o C.T. de Busel, C.T. tipo intemperie de 50 kVA e R.B.T. aérea de 450 m de lonxitude no lugar de Cruz, municipio de Santiso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, e dos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, sobre autorización e expropiación for

zosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamento de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderase intepoñer recurso ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, segundo o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 6 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña