Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
-Denominación: L.M.T., R.B.T., San Xiao.
-Situación: Betanzos.
-Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm,
de 280 m co orixe na liña Cruz Verde-Celestino Nogueira (Expte. en tramitación) e final no apoio nº 1 da liña que alimenta o C.T. San Xiao, sobre apoios metálicos e de formigón, en conductor LA-56 de 369 m. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en San Xiao, Betanzos.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, e dos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamento de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Contra esta resolución poderase intepoñer recurso ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, segundo o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 6 de febreiro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña