Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/185-1).

Visto o expediente para autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Falgarosa.

-Situación: municipio de Aranga.

-Características técnicas: liña eléctrica aérea a 20 kV de 12 m de lonxitude con conductor LA-56, con orixe na liña de media tensión o C.T. de Castromil, centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e rede de baixa tensión de 85 m con conductor R.Z., apoios de formigón no lugar de Falgarosa, no termo municipal de Aranga.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamento de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderase intepoñer recurso ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes.

A Coruña, 3 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña