Visto o expediente para autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Raíña.
-Situación: municipio de Abegondo (A Coruña).
-Características técnicas: liña eléctrica aérea a 20 kV de 158 m de lonxitude con conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Carral-Cesuras, centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e R.B.T de 30 m con conductor R.Z., apoios de formigón no lugar da Raíña, no termo municipal de Abegondo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamento de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Contra esta resolución poderase intepoñer recurso ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes.
A Coruña, 3 de febreiro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña