Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación Laxe da Cruz número 2732.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que con data 18 de setembro de 1997, outorgouse o permiso de investigación Laxe da Cruz nº 2732, de 9 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e outros da sección c) que se sitúa no termo municipal de Ponteareas da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento en en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 2 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra