Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 16 de febreiro de 1998 pola que se nomean os membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia, convocado pola Orde do 9 de xaneiro de 1998.

O Decreto 288/1994, do 30 de setembro (modificado no seu artigo 5 do Decreto 286/1995, do 19 de outubro) polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia, dispón no seu artigo 4º (publicada corrección de erros no DOG nº 13, do 19 de xaneiro de 1995) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

En cumprimento do citado artigo cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear presidente e membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia ás seguintes persoas:

1. Presidente.

Francisco Fernández del Riego, por delegación do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

2. Vocais.

Alfonso Zulueta de Haz, proposto polo Consello da Cultura Galega.

Xosé Ramón Barreiro Fernández, proposto pola Real Academia Galega.

Luis Iglesias Feijoo, proposto pola Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Recuero Astray, proposto pola Universidade da Coruña.

Xulio Pardellas de Blas, proposto pola Universidade de Vigo.

Julio A. Fernández Argüelles, proposto pola Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Agustín Sixto Seco, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Constantino García González, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

3. Secretario.

Homero José María Pérez Quintana, director xeral de Promoción Cultural.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo