Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998 pola que se convocan cursos para persoal da Administración local.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1998, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexan participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude, que figura ó final da convocatoria, cuberta en tódolos epígrafes, e na que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación do cumprimento do requisito esixido na base 2 anexo da convocatoria dos respectivos cursos.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando o solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberá especifica-la orde de preferencia o responsable de persoal. No caso de non especificarse, a EGAP aplicará os criterios de selección ós que se fai referencia na base quinta.

2. A falsidade ou ocultación da datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias finalizará nas datas que se indican para cada curso no anexo da presente resolución.

Terceira.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas, s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Seguidamente efecturase a selección dos participantes e notificaráselles directamente ós admitidos.

Cuarta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 12 de abril de 1991 da EGAP, pola que se fan públicos os criterios xerais de selección dos asistentes ás súas actividades e na do 27 de xuño de 1994 pola que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

A EGAP reserva para si a facultade de anular un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 10 o número mínimo de asistentes por curso.

Quinta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa do curso con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

A) Cursos de informática de xestión municipal.

Curso de iniciación e procesador de textos.

1. Obxectivos: coñece-lo funcionamento dun ordenador, a súa estructura e o que é o sistema operativo,

estudiando as posibilidades que ofrece o tratamento de textos na realización de tarefas administrativas.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación especialmente C e D de corporacións locais que manexen habitualmente ordenadores no desenvolvemento das súas tarefas.

3. Desenvolvemento do curso:

Lugares: o curso realizarase nas seguintes localidades: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Datas:

-Santiago de Compostela, desde o 13 de abril ó 4 de maio, de luns a xoves.

-A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, a partir do 13 de abril tódolos días laborables de luns a xoves.

Horario: de 17 a 20.30 h cunha pausa intermedia de 30 minutos.

Duración: 40 horas.

Nº prazas: 15.

4. Prazo: o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de marzo.

5. Contido:

Coñecementos básicos: manexo da información por parte dun ordenador. Conceptos de bit e byte. Partes fundamentais dun ordenador persoal. Concepto de programa. Hardware e software.

Sistema operativo: concepto de sistema operativo. Manexos básicos iniciais. Concepto de arquivo e tipos. Concepto de carpeta e directorio. Configuración do contorno do traballo. Salvagarda da información.

Procesador de textos: concepto do programa procesador de textos. Nocións básicas. Escritura e revisión dun documento. Gardar e abrir documentos. Dar formato a caracteres, parágrafos e páxinas. Estilos e modelos. Revisión ortográfica. Guións e sinónimos. Impresións de documentos. Almacenamento e busca de documentos.

Curso de xestor de bases de datos.

1. Obxectivos: coñece-las posibilidades que proporciona dispoñer da información de xeito estructurado e organizado e utilizar ó máximo a información almacenada.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación especialmente C e D de corporacións locais que manexen bases de datos e que teñan realizado algún curso de iformática básica.

3. Desevolvemento do curso:

Lugares: o curso realizarase nas seguintes localidades: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Data:

-Santiago de Compostela, do 5 ó 20 de maio de luns a xoves.

-A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, a partir do remate do curso de iniciación e procesador de textos. A data concreta de comezo comunicaráselles oportunamente ós admitidos.

Horario: de 17 a 20.30 h cunha pausa intermedia de 30 minutos.

Duración: 30 horas.

Nº prazas: 15.

4. Prazo: o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 24 de abril.

5. Contido: definicións iniciais. Tipos de bases de datos e características fundamentais. Creación con ACCESS dunha nova base de datos. Introducción e validación de datos. Consultas: linguaxe SQL. Formularios. Informe. Importación, exportación e xuntado de táboas.

A folla de cálculo.

1. Obxectivos: contar cos coñecementos básicos para traballar cunha folla de cálculo co fin de poder resolver problemas de cálculos que normalmente resulten complicados.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación especial C e D de corporacións locais que manexen folla de cálculo e teñan realizado algún cuso de información básica.

3. Desenvolvemento do curso:

Lugares: o cursos realizarase nas seguintes localicadades: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Datas:

-Santiago de Compostela, desde o 25 de maio ó 4 de xuño de luns a xoves.

-A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, a partir do remate do curso de xestor de bases de datos. A data concreta de comezo comunicaráselles oportunamente ós admitidos.

Horario: de 17 a 20.30 h cunha pausa intermedia de 30 minutos.

Duración: 24 horas.

Nº prazas: 15.

4. Prazo: o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 11 de maio.

5. Contido: nocións de follas de cálculo. Introducción de datos. Os comandos de folla de cálculo. Copias de datos gráficos. Deseño de follas de cálculo.

Curso de información e atención ó cidadán.

1. Obxectivos: comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desenvolvemento dun posto de traballo de atención ó público.

2. Destinatarios: persoal ó servicio da Administración local con funcións de atención ó público integrados nos grupos C, D e E.

3. Desenvolvemento do curso:

Lugares e datas:

-A Coruña: 8, 9, 10, 18, 19, 22 e 23 de xuño.

-Santiago de Compostela: 11, 12, 15, 16, 17 23 e 24 de xuño.

-Ourense: 10, 11, 14, 15, 16, 22 e 23 de setembro.

-Lugo: 7, 8, 9, 17, 18, 21 e 22 de setembro.

-Pontevedra: 23, 24, 25, 28, 29, 30 de setembro e 1 de outubro.

Horario: de 17 a 20.30 h.

Duración: 24 horas.

Nº prazas: 25 en cada localidade.

4. Prazo: o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 29 de maio.

5. Contido: comportamento interpersoal. Elementos básicos de comunicación. Técnicas de información ó público. Estratexias de resolucións de problemas. Situacións de tensión. A información e atención ó público na Xunta de Galicia.