Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Poutomillos (Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Poutomillos (Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 297/1991, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 2 de xaneiro de 1998, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Poutomillos (Lugo), logo de introducir no proxecto

as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Lugo e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 70-2º), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 27 de xaneiro de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo