Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 115/1991, do 4 de abril (DOG nº 73, do 17 de abril), que a xunta local da zona, na súa reunión do 17-12-1997, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Vilalba e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).
Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación
do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a súa titularidade.
Contra as bases poden os interesados interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 70-2º), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal, para face-las notificacións que procedan.
Lugo, 28 de xaneiro de 1998.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo