Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona Outeiro (Castro de Rei-Lugo) que, co obxecto de que tomen posesión delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de remprazo, fixándose como data límite para a dita toma de posesión a do 31 de marzo de 1998 para prados e labradíos e o 31 de xullo de 1998 para árbores madeirables, a falta de acordo do propietario destes e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.
Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 1 de abril de 1998, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.
Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsion directa, logo do apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.
Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga a quen no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtsese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.
Lugo, 27 de xaneiro de 1998.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Desenvolvemento
Rural de Lugo