O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico denominado Monseibán nos concellos de Abadín e Vilalba solicitado pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.
Segundo.-Para efectos informativos o estudio de efectos ambientais porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Industria.
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo.
-Concello de Abadín.
-Concello de Vilalba.
Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.
Cuarto.-Unha vez finalizado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1998.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria