Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/188-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Chas.

-Situación: municipio de Coirós.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea 20 kV de 33 m de lonxitude, con conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Betanzos-Teixeiro, centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e R.B.T. de 30 m conductor R.Z., apoios de formigón no lugar de Chas, municipio de Coirós.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, e dos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, segundo o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña