Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/186-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Fondo de Leiro.

-Situación: Abengondo.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e un conductor LA-56, de 86 m con orixe na liña Carral-Cesuras (Expte. 50560) e final no centro de transformación (C.T.) Fondo de Leiro que se vai instalar.

Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Fondo de Leiro, con rede de baixa tensión e conductor R.Z. de 30 m. de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, e dos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos

regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes.

A Coruña, 5 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña