Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/127-2, 4818 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Vivero, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Ferreira-A Castellana.

Situación: O Valadouro.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor D.H.V. 3x150, en canalización subterránea. Centro de transformación de 250 kVA. 20.000/380-220 V, para mellora do servicio eléctrico en Ferreira-A Castellana, concello de Valdouro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo.