Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/26-2, 4904 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Casasnovas-Neira, Pedra-Bande (Láncara).

Situación: Láncara.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV en apoios de formigón e conductor

LA-56/54,6 mm de 0,056 km de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Dúas liñas de baixa tensión aérea a 380/220 V en R.Z.-0,6/1 kV e cunha lonxitude total de 3.810 km.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo.