Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/124-2, 4814 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Vivero, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Chafaricas-Sancobade.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30 de 31,10 mm Al, cunha lonxitude de 570 metros, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 25 de kVA. 20.000/380-220±5% V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95/50/25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Chafaricas-Sancobade, concello de Vilalba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo.