Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a adquisición de 40 ordenadores pesoais con destino a distintos departamentos da Consellería de Economía e Facenda.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración de 40 ordenadores persoais con destino a distintos departamentos da Consellería de Economía e Facenda. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda. Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano s/n; 15704 Santiago de Compostela. Tlf.: 54 41 34. Expediente 8/98.

2. Obxecto do contrato: contratación dunha subministración de 40 ordenadores persoais con destino a distintos departamentos da Consellería de Economía e Facenda.

3. Prazo de execución: o prazo de entrega será de 15 días desde a sinatura do contrato.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma de adxudicación: concurso público.

5. Orzamento base de licitación: nove millóns duascentas mil pesetas (9.200.000) IVE incluído.

6. Garantía provisional: 2% do orzamento base de licitación, equivalente a cento oitenta e catro mil pesetas (184.000).

7. Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo de San Caetano s/n; C.P. 15704 Santiago de Compostela. Tlf.: 54 41 34; fax: 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

8. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e elboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas par

ticulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo de San Caetano, s/n; C.P. 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Pratimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela), ás 10 horas do quinto día natural, ue non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1998.

P.D. Orde (13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda