Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha subministración de impresos de taxas de autoliquidación con destino á Consellería de Economía e Facenda.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto para a contratación dunha subministración de impresos de taxas de autoliquidación con destino á Consellería

de Economía e Facenda. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, Tfno.: 54 41 34. Expediente 1/98.

2. Obxecto do contrato: subministración en forma sucesiva e por prezo unitario de impresos de autoliquidación de taxas con destino á Consellería de Economía e Facenda.

3. Prazo de execución: o prazo de execución será de 3 días hábiles que se contarán a partir da data de cada pedido que efectúe a Administración.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

5. Orzamento base de licitación: cinco millóns seiscentas mil pesetas (5.600.000 ptas.) IVE incluído.

6. Garantía provisional: 2% do orzamento base de licitación equivalente a cento doce mil pesetas (112.000 ptas.).

7. Obtención da documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P. 15704. Santiago de Compostela, Tlfo.: 54 41 34, Telefax: 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

8. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n C.P. 15704, Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 10 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda