Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de licitación.-Redacción dun plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 6 de febreiro de 1998, resolveu as alegacións prsentadas ó prego de condicións económico-administrativas rexedoras do concurso aberto para a adxudicación dos traballos de redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, acordando darlles nova redacción as cláusulas 5, 6 e 8 do devandito prego.

O prego de condicións económico-administrativas e o prego de prescricións técnicas redactado pola Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da CPTOPV, atópandose á disposición de tódolos interesados no Negociado Municipal de Obras e Urbanismo.

Tipo de licitación: o tipo de licitación é de vintecinco millóns setecentas trinta e sete mil (25.737.000) pesetas, IVE incluído.

Prazos: o prazo de presentación do avance será de seis meses desde a sinatura do contrato. O prazo total será de dezaoito meses contados desde a mesma data.

Clasificación do contratista: grupo 1, subgrupo 1, categoría A, sen prexuízo do disposto no artigo 26 da Lei 13/1995, para os empresarios individuais coa titulación académica axeitada ó obxecto do contrato.

Garantías provisional e definitiva: 514.740 e 1.029.480 pesetas respectivamente.

Lugar e prazo de presentación: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Viveiro, 6 de febrero de 1998.

O alcalde

Rubricado