Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.144

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

ANUNCIO da Xerencia de Infraestructuras da Defensa relativo á reversión dos terreos denominados Polvorín de Culleredo, na Coruña.

Co fin de cumpri-lo disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, que para os efectos de notificación con carácter gratuíto establece a Orde do 22 de xaneiro de 1976 (BOE nº 45, do 21 de febreiro), procédese á publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte texto:

«O Ministro de Defensa, con data do 17 de outubro de 1997, desafectou do fin público a que estaban destinados os terreos da propiedade denominada Polvorín de Culleredo, na Coruña.

Os ditos terreos fóronlles expropiados no seu día ós propietarios relacionados no anexo adxunto.

Para iso, en cumprimento da instrucción 25/1993, do 18 de marzo, sobre a tramitación de procedemento administrativo no ámbito do Ministerio de Defensa, ponse no coñecemento dos primitivos donos ou habentes causa que desapareceu a afectación ó fin público a que estaban destinados os terreos ocupados pola propiedade militar Polvorín de Culleredo, polo que, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste edicto, poderán exerce-los dereitos de reversión que lles outorgan os artigos 54 e 55 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, en relación cos artigos 63 e seguintes do seu regulamento, aprobado por Decreto do 26 de abril de 1957.

Para o exercicio destes dereitos, os interesados deberán formula-las oportunas alegacións perante a Xerencia de Infraestructura da defensa, r/ Princesa, 32, 28008 Madrid.

A Coruña, 5 de febreiro de 1998.

P.A.

Ricardo Paz Canalejo

Coronel delegado