Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual Peri de Bouzas. (Expediente 3878/411).

O Pleno do Concello de Vigo en sesión do día 27 de xaneiro de 1998 acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do PERI de Bouzas, nos terreos propiedade da sociedade anónima laboral, Industrias Paulino Freire, conforme a documentación refundida, elaborada polo arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, visado polo COAG a día 16 de decembro de 1997.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 17 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo