Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 10 do PXOU de Vigo, no ámbito do Peri A Bouza sur (expediente 4168/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 30 de decembro de 1997, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual número 10 do PXOU de Vigo nos terreos que afectan ó polígono II do Peri A Couza sur, conforme a documentación que serviu de base á súa aprobación inicial coa rectificación de que a superficie real do ámbito territorial do polígono é de 7.729 m sendo, por tanto a edificabilidade resultante deste a de 10.148 m edificables.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultares descoñecidos ou dos que se ignorase o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 4 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo