Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do concurso aberto para a adxudicación da concesión administrativa de dominio público da redacción do proxecto de construcción e explotación dun aparcamento na praza Elíptica de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación.

2. Obxecto do contrato: descrición: concesión administrativa de dominio público da redacción do proxecto de construcción e explotación dun aparcamento na praza Elíptica de Vigo.

Lotes: nón.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo da concesión: máximo 99 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo: 1.500.000 ptas./ano.

5. Garantías.

Provisional: 25.000.000 de ptas.

Definitiva: tres por cento do orzamento de execución das obras.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: se o contratista executase por si as obras ou, se é o caso, a empresa coa que contrate a execución das obras obxecto do contrato terá que acredita-la seguinte clasificación:

Grupo: A; subgrupo: 1; categoría: d.

Grupo: C; subgrupo: 2; categoría: f.

Grupo: C; subgrupo 3 e 4; categoría: c.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista na cláusula

XIX 2 i) do prego de condicións administrativas.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no BOE.

Documentación: a esixida na cláusula XIX-2 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase ó recollido na claúsula XIV do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 2 de febreiro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde