Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A corporación municipal en sesión ordinaria celebrada con data do 8 de xaneiro de 1998, adoptou o seguinte acordo:

Aprobación definitiva dos proxectos de reparcelación das unidades de execución números 13a e 13b no contorno da unidade de actuación número 13 do plan xeral de ordenación urbana do Concello de Fene, A Coruña.

Visto o procedemento tramitado para a reparcelación das unidades de execución números 13a e 13b no contorno da unidade de actuación nº 13 do plan xeral de ordenación urbana do Concello de Fene, A Coruña e resultando que por acordo plenario do 24 de novembro de 1997 se prestou aprobación inicial ós proxectos de referencia redactados polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro, someténdose a información pública regulamentaria mediante edictos publicados no Diario Oficial de Galicia nº 234 do 3-12-1997.

Resultando que durante a información pública non se presentou ningunha reclamación segundo consta da certificación expedida pola secretaría, a corporación municipal, logo de deliberación, en votación ordinaria e por maioría de nove votos a favor (9 do BNG) tres en contra (2 do PSOE e 1 de FI) e cinco abstencións (3 do PP e 2 de EU-IU), acorda:

1º Aprobar, con carácter definitivo, os proxectos de reparcelación das unidades de execución números 13a e 13b no contorno da unidade de actuación nº 13 do plan xeral de ordenación urbana do Concello de Fene. A Coruña, redactado polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro.

2º Dispoñe-la publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

3º Faculta-lo alcalde-presidente para que, en representación do Concello de Fene, proceda á formalización en escritura pública dos documentos correspondentes.

Fene, 29 de xaneiro de 1998.

O alcalde

Rubricado