Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o servicio de limpeza, desinfección e desinsectación (expediente 2/1998), adquisicións de neceseres de acollida (expediente 17/1998), adquisicións de contedores para evacuación de residuos (expediente 18/1998), para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

* Expte. 2/1998:

1. Obxecto: servicio de limpeza, desinfección e desinsectación.

2. Orzamento: 34.200.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a data da formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitiranse variantes ou alternativas no servicio obxecto do presente prego, sempre e cando se cumpra o estipulado nas prescricións técnicas.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría B.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei

13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares no nº 10.1.

* Expte. 17/1998:

1. Obxecto: adquisición de neceseres de acollida.

2. Orzamento: 2.365.000 ptas., IVE incluído.

* Expte. 18/1998:

1. Obxecto: adquisición de contedores para evacuación de residuos.

2. Orzamento: 8.825.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a data da formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

5. Garantía provisional: 2% base de licitación de cada un dos lotes os que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

-Calidade: ata 5 puntos.

-Prezo: ata 5 puntos.

-Valoración técnica: ata 5 puntos.

-Grao de implantación no sector: ata 3 puntos (acreditativa documentalmente na licitación da oferta técnica).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborais desde as 9.00 ata as 14.00 horas. Teléfono: (986) 81 60 23. Fax: (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento Xeral de Contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como

a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas serán realizadas pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe dos anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 2 de febreiro de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo