Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación do contrato que se cita. (Expediente 401/1998).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 401/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: proxecto técnico e obra de ampliación e remodelación do conservatorio para a licenciatura de física no campus universitario de Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: sete meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 161.749.770 pesetas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible: o que indica o prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, 46-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Data: o décimo terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 18 de febreiro de 1998.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía da Universidade de Vigo