Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos enderezos expresados, correspondentes a resolucións de perda da subsidiación ó tipo de xuro por incumprimento de condicións e reclamación do percibido indebidamente, recaídas ó abeiro da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 7 de maio de 1992, pola que se establecen axudas financeiras ás pequenas e medianas empresas para o financiamento de investimentos productivos mediante arrendamento financeiro.

Expediente: 85290066.

Titular: Grúas Caldas, S.L. r/ San Roque, s/n.-Caldas de Reis (Pontevedra).

Resolución de recurso ordinario do conselleiro de Economía e Facenda do 27 de outubro de 1997.

Importe que hai que reintegrar: 779.576 ptas.

Enderezo de pagamento: conta do Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia en Caixa Galicia nº: 2091.0300.47.311006371/2.

Contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación do presente anuncio.

As resolucións obxecto da presente notificación non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 30 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común. Infórmase que o expediente completo se atopa na Unidade de Liquidacións da Área de Incentivos do Instituto Galego de Promoción Económica (r/ Frei Rosendo Salvado, nº 16-Santiago de Compostela).

O que se fai público para efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo e común.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica