Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador E.N. 61/97 e dous máis. (Espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, sobre conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 4 de febreiro de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: E.N. 61/97.

Denunciado: Ricardo Valdés Pérez.

Último enderezo coñecido: r/ Laredo de Abaixo 13-Chapela, Redondela.

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos acontecidos os días 15, 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, no concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: E.N. 65/97.

Denunciado: Daniel Padín González.

Último enderezo coñecido: Constitución 2, 5º A, Sanxenxo.

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos acontecidos os días 15, 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, no concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: E.N. 96/97.

Denunciado: Ricardo Molinos Domínguez.

Último enderezo coñecido: Travesía Picota, 7, 2º C, Redondela.