Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador E.N. 75/97 e catro máis. (Espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espación naturais e da flora e fauna silvestres.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica, para efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada Lei.

Para efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de qunce días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan no seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 4 de febreiro de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: E.N. 75/97.

Denunciado: Sergio Eduardo Ferreria da Fonte.

Último enderezo coñecido: Agueda, Portugal.

Feito denunciado: practica-lo deporte de wind-surf na ensenada do Vao, zona declarada espacio natural protexido. Feitos acontencidos ás 14.50 horas do día 29 de agosto de 1997, na enseada do Vao, no concello do Grove.

Precepto infrixido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espación naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: E.N. 77/97.

Denunciado: Alfonso Carlos Flórez Díaz.

Último enderezo coñecido: r/ García nº 28, 1, Xixón (Asturias).

Feito denunciado: estacionar nun lugar de acceso prohibido. Feitos acontecidos o día 21 de setembro de 1997, na Lagoa Bodeira (Complexo Intermareal Umia-O Grove, no concello do Grove).

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 15.000 ptas..

-Expediente: E.N. 91/97.

Denunciado: Rosario Villar-Roldán Alonso.

Último enderezo coñecido: Señorío de Amoain, nº 13. Egoes (Navarra).

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos acontecidos os días 15, 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, no concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precreto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: E.N. 111/97.

Denunciado: Óscar Vila Correa.

Último enderezo coñecido: camiño Meixoeiro, 11-1º Vigo.

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos acontecidos os días 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, no concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precreto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: E.N. 118/97.

Denunciado: David Uhia Cabezas.

Último enderezo coñecido: Avda. Fragoso, 22-5º F, Vigo.

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos acontecidos os días 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, no concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precreto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios nauturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.