Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de seguridade e vixilancia do centro de menores Avelino Montero de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número de expediente: 5/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de seguridade e vixilancia do Centro de Menores Avelino Montero de Pontevedra.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Pontevedra, Avda. de Vigo.

d) Prazo de execución: desde o 1-4-1998 ata o 31-12-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 21.330.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

1º Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra.

a) Enderezo: r/ María Berdiales, 20 entreplanta.

b) Localidade e código postal: 36203-Vigo.

c) Teléfono: (986) 81 70 56.

d) Telefax: (986) 81 70 43.

2º Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

a) Enderezo: Avda. do Exército, 2-1º.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15006.

c) Teléfono: (981) 18 57 00.

d) Telefax: (981) 18 57 02.

3º Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

a) Enderezo: Ronda da Muralla, 70 (Edif. administrativo).

b) Localidade e código postal: Lugo 27071.

c) Teléfono: (982) 29 43 43.

d) Telefax: (982) 29 43 59.

4º Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

a) Enderezo: r/ Camiño Vello Prado Lonia, s/n.

b) Localidade e código postal: Ourense-32004.

c) Teléfono: (988) 38 60 86.

d) Telefax: (988) 38 60 87.

5º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

a) Enderezo: San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15771.

c) Teléfono: (981) 54 56 37.

d) Telefax: (981) 54 56 26.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do/da contratista:

a) Clasificación:

Grupo III. Subgrupo 2. Categoría B.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 (trece) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentos que hai que presentar: os que figuran na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do/da licitador/a.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2ª Enderezo: r/ María Berdiales, 20 entreplanta.

3ª Localidade e código postal: 36203-Vigo.

Ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 81 70 43, ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o/a licitador/a estará obrigado/a a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: r/ María Berdiales, 20 entreplanta.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 12 h.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: será por conta do/da adxudicatario/a do contrato.

Vigo, 19 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Sagrario Franco Malvar

Delegada provincial de Pontevedra