Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 38/97 e catro máis. (Espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 4 de febreiro de 1998.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente: E.N. 38/97.

Denunciado: José Lobato Meis.

Último enderezo coñecido: O Couto, Cambados.

Feito denunciado: extraer area dunha duna dentro dos límites do Complexo Intermareal Umia-O Grove. Feitos denunciados o día 14 de xullo de 1997, na Lanzada, no concello do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.000 ptas.

-Expediente: E.N. 80/97.

Denunciado: Alexandre Rodrigo Rodríguez Moa.

Último enderezo coñecido: r/ Gran Vía 170, 9º C, Vigo.

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos denunciados os días 15, 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, no concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: E.N. 100/97.

Denunciado: José María Fernández Durán.

Último enderezo coñecido: r/ Celso Emilio Ferreiro 2, 9º, Vigo.

Feito denunciado: pescar cun ganapán nas Pozas das Cabanas do Parque Natural Monte Aloia. Feitos denunciados o día 5 de outubro de 1997, no Monte Aloia, concello de Tui.

Precepto infrinxido: artigo 4 d) da Orde do 21 de xaneiro de 1992, da C. de Agricultura, Gandería e Montes en relación co artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.000 ptas.

-Expediente: E.N. 102/97.

Denunciado: Domingo Camiña Melón.

Último enderezo coñecido: Moscoso-Fraga do Rei, Pazos de Borbén.

Feito denunciado: ter unha escopeta de aire comprimido circulando con ela por unha pista. Feitos denunciados o día 19 de xullo de 1998, en Moscoso, concello de Pazos de Borbén.

Precepto infrinxido: artigo 38.13º da Lei 4/1989, en relación co artigo 34 a) dela e co R.D. 1095/1989, polo que se declaran as especies obxecto de caza e pesca e se dictan normas para a súa protección.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente: E.N. 105/97.

Denunciada: Sonia Vieites Monteagudo.

Último enderezo coñecido: Sampaio de Arriba, 102, Vigo.