Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/118-2, 4809 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

-Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

-Denominación: reelectrificación de Carrizo.

-Situación:Vilalba.

-Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30 de 31,10 mm Al, cunha lonxitude de 562 metros a de Carrizo e 65 metros a de Millares, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Dous centros de transformación de 25 kVA e 100 kVA 20.000/380-220+-5% V. Redes de baixa tensión con conductor R.Z-25/50/95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Carrizo, Ribeira e Millares, concello de Vilalba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 7 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo