Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/105-2, 4795 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

-Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

-Denominación: reelectrificación de Xinzo.

-Situación: A Pontenova.

-Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 273 metros, sobre torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión con conductor R.Z-0,1/1 kV-3,50x50 e 4x25 mm Al, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Xinzo, concello da Pontenova.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo