Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/393-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Rogelio Iglesias e Hijos, S.A.

-Enderezo social: San Cibrán, 2-Aldán, 36940 Cangas.

-Denominación: L.M.T. e C.T. en San Cibrán, 2-Aldán.

-Situación: Cangas.

-Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 455 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña 13/160 propiedade de Unión Fenosa, S.A., ata o C.T. que se proxecta en San Cibrán, 2-Aldán, concello de Cangas. C.T. de 200 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de decembro de 1997.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra