Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/144-2, 4838 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

-Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

-Denominación: L.M.T. en Fazouro e saída á depuradora (Foz).

-Situación:

-Descricións técnicas: L.M.T. a C.T. de Fazouro: tensión 20 kV., orixe L.M.T. a C.T. de Fazouro, final C.T. de Fazouro, lonxitude 1.851 km. L.M.T. a C.T. depuradora: tensión 20 kV, orixe P-11 da L.M.T. a C.T. de Fazouro, final C.T. Depuradora, lonxitude 0.464 km.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 2 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo