Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/66-2, 4749 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

-Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

-Denominación: Camb. Ubic. C.T. Escocia, Rúa-Xoana de Castro-Fingoi.

-Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV realizada en conductor D.H.Z.1, 12/20 kV-1x150 mm Al. Centro de transformación de 630 kVA. 20.000C2,5%+5%+10% V. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-0,6/1 kV, para mellora do servicio eléctrico na zona, rúa Escocia-Xoana de Castro-Fingoi, en Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

Resolve autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 26 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo