Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.124

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (479/1997).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo executivo nº 479/1997 se dictou sentencia con data do 27 de xaneiro de 1998 que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Vistos por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado baixo o número 479 de 1997, entre partes, dunha, como demandante, Banco de Galicia, representado en autos polo procurador Caamaño Queijo, coa dirección do letrado López Cabada, e da outra como demandados, María Teresa Ramos Vigo e a herdanza xacente de José Pájaro Castelao, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de afianzamento de operacións mercantís.

Decido con estimación total da demanda executiva, debo dispor e ordeno que siga a execución adiante, de forma solidaria, ata facer total pagamento á parte demandante e pola parte demandada María Teresa Ramos Vigo e a herdanza xacente de José Pájaro Castelao, da cantidade de 1.352.198 pesetas, máis cos xuros legais pactados e custas producidas, que se lle imporán á parte ultimamente referida, e calquera que fose o importe dos dous últimos conceptos, que se determinará en execución desta resolución.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente nesta instancia, que por rebeldía dos demandados se notificará na forma legamente dispos-

ta, se non se pide dentro dos tres días seguintes a notificación persoal, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data».

E para que sirva de notificación ós demandados María Teresa Ramos Vigo e a herdanza xacente de José Pájaro Castelao, expido este edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado