Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.124

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (234/1996).

No xuízo executivo do que se fará mención, seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón-A Coruña, dictouse a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. Na cidade de Padrón, o vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, Miguel Ángel Narváez Bermejo, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número tres dos de Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, viu os presentes autos de xuízo executivo número 234/1996, promovidos por Renault Financiaciones, S.A., con DNI/CIF A28206019, domiciliado na Coruña, representado polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, e dirixido polo letrado Francisco A. Rodríguez-Gigirey Pérez, contra María Teresa Nieto Martínez, con DNI 78.780.532, domiciliado no paseo de Manuel Antonio 63, Rianxo, na actualidade en ignorado paradoiro, e Manuel Jamardo Fabeiro, mesmo domicilio, declarados en rebeldía. Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a María Teresa Nieto Martínez e Manuel Jamardo Fabeiro, e co producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas

que se despachou a execución,

a cantidade de 1.715.589 ptas. importe do principal e a de 900.000 ptas. por comisión e xuros pactados ata a data invocada; e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas, para o cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contando desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo. E/ seguen a sinatura e publicación».

E co fin de publicar no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido este edicto en Padrón o catro de febreiro de mil novecientos noventa e oito.

A secretaria accidental

Rubricado