Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1998 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Jet, S.A., sita na rúa Alcalde Daniel Ojea, 3-baixo, de Ponteareas.

Visto o expediente instruído por instancia de José A. Espada Barros, na súa calidade de xerente da entidade marcantil Viajes Jet, S.A.,en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Ponteareas, na rúa Alcalde Daniel Ojea, 3-baixo, da axencia de viaxes Viajes Jet, S.A., do grupo retallista, co código identificativo, XG-30, que ten a súa casa central en Vigo, na rúa Avda. García Barbón, 39.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para á obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral e Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Jet, S.A., sita en Vigo, na rúa Avda. García Barbón, 39, da que é titular a entidade mercantil Viajes Jet, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Alcalde Daniel Ojea, 3-baixo, de Ponteareas, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1998.

P.D.(Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo