Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de febreiro de 1998 pola que se declara extinguida a autorización administrativa e concesión dunha cetaria sita en Mera-Oleiros, titularidade de Aurelio Fernández Álvarez.

Visto o expediente de caducidade incoado a Aurelio Fernández Álvarez na súa condición de titular da concesión administrativa da seguinte cetaria sita en Mera-Oleiros (A Coruña):

-Tipo de establecemento: cetaria.

-Especies: crustáceos.

-Situación: Mera-Oleiros(A Coruña).

-Ocupación de dominio público: 56 mpara toma de auga de mar.

-Orde de outorgamento: O.M. nº 80/80 de 4-6-1980 (BOE nº 165).

-Fin da vixencia: 10-7-1990.

Resultando que con data do 20-10-1995 a Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña acordou a incoación do expediente de caducidade á citada concesión polas causas recollidas no artigo 72 a) c) h) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Resultando que o citado acordo de incoación de expediente de caducidade foi notificado ó titular da concesión con data 25-6-1996.

Resultando que no tempo e forma o titular non presentou alegacións.

Resultando que con data do 26-2-1997 se dicta proposta de resolución por parte da instructora na que propón a caducidade da concesión citada.

Considerando que o expediente foi tramitado conforme o dereito, segundo informe emitido polo xefe do Servicio Técnico-Xurídico.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas; Lei 30/1992, do 26 de novembro , de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, de 28 de xullo de costas; Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida pola instructora do expediente,

ACORDA:

No exercicio das súas atribucións e competencias, extingui-la autorización administrativa e concesión, da cetaria sita en Mera, Oleiros (A Coruña), outorgada por orde ministerial do 4-6-1980 (BOE nº 165) e titularidade de Aurelio Fernández Álvarez.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura