Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/183-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: C.T. Torre-Sanmiráns.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: centro de transformación tipo aéreo, sobre apoio de formigón, con conexión aérea que deriva do apoio nº 6 da liña Xesteira-Campo da Porta, en conductor LA-56, de 25 kVA e tensións de 15/2070, 380-0,220 kV, nomeado Torre-Sanmiráns. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña