Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/345-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Domicilio social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, Est. 6, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. interconexión Laracha I-Laracha e derivacións.

Situación: Laracha (A Coruña).

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.677 m. de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Centulle-Xesta-Pazos e L.M.T. Fonteseca-Orxeiras-Vilar de Bois. Ramal que parte da L.M.T. anterior de 65 m e final no C.T. Gosende para construír de 25 kVA. Ramal que parte da L.M.T. principal de 267 m e final no C.T. Vilar, por construír de 50 kVA. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña